Mostrando 6 produtos

¡Oferta!
0 out of 5

Lámina Elefante

Dende 12,00

Porque a nova chegada aos nosos fogares merecen ter detallidos personalizados coma estes no seu cuarto.

Lámina personalizada dispoñible en tamaño 13x18cm con marco en cor branco, negro, azul ou rosa.

Podes personalizalo dicíndonos que nome queres que apareza na lámina así como a cor da letra e o elefante para ter un Agasaio personalizado ao 100%.

Dispoñible en dúas combinacións de cores:

  • Rosa
  • Azul
  • Gris
  • Laranxa
  • Verde

O marco ten enganche para poder colgar á parede ademais de soporte para poder colocar sobre calquera moble.

Decoración da foto non incluída.

Tamaño 13x18cm: 12 euros (gastos de envío a parte)

¡Oferta!
0 out of 5

Lámina A ledicia

Dende 12,00

Todos esperamos a chegada da nosa pequena ou o noso pequeno coa maior das ilusións, ¿por que non deixar pegada de ese día tan especial cunha lámina que quedara preciosa ao lado da súa camiña?

Lámina personalizada dispoñible en tamaño A4 con marco de madeira en branco ou negro, orientada en vertical. Neste tamaño podes elixir a lámina con paspartú ou sen el.

Tamén dispoñible en tamaño 13x18cm con marco de madeira en cor branco, negro, azul ou rosa.

Podes personalizalo dicíndonos que nome queres que apareza na lámina así como o seu día de nacemento para ter un Agasaio personalizado ao 100%.

Dispoñible en dúas combinacións de cores:

  • “Chegou a ledicia da casa” en rosa
  • “Chegou a ledicia da casa” en verde

O marco ten enganche para poder colgar á parede ademais de soporte para poder colocar sobre calquera moble.

Decoración da foto non incluída.

Tamaño A4: 17 euros (gastos de envío a parte)

Tamaño 13x18cm: 12 euros (gastos de envío a parte)

¡Oferta!
0 out of 5

Lámina Shh aquí dorme… (cadriños)

Dende 12,00

Queres darlle un toque ao recuncho da túa pequena ou pequeno? Con esta lámina poderás deixar ben claro quen manda no seu cuarto dende que chegan ás nosas vidas.

Lámina personalizada dispoñible en tamaño A4 con marco de madeira en branco ou negro, orientada en vertical. Neste tamaño podes elixir a lámina con paspartú ou sen el.

Tamén dispoñible en tamaño 13x18cm con marco de madeira en cor branco, negro, azul ou rosa.

Podes personalizalo dicíndonos que nome queres que apareza na lámina así como elixir a cor da sombra do nome e así terás un Agasaio personalizado para ti ou para agasallar aos que máis queres.

Cor da sombra dispoñible en verde, rosa, azul e laranxa.

O marco ten enganche para poder colgar á parede ademais de soporte para poder colocar sobre calquera moble.

Elixe o tamaño, a cor do marco, a cor da sombra e o nome que desexas antes de engadir o produto á cesta de compra.

Decoración da foto non incluída.

Tamaño A4: 17 euros (gastos de envío a parte)

Tamaño 13x18cm: 12 euros (gastos de envío a parte)

¡Oferta!
0 out of 5

Lámina Arco da vella

Dende 20,00

“O arco da vella con sete colores que teñen no ceo beleza de flores”

Lámina dispoñible en tamaño 23x23cm con marco de madeira en cor branco, negro ou marrón clariño. Marco con paspartú sendo a lámina de 13x13cm O marco ten enganche para poder colgar a parede.

Elixe a cor do marco que desexas antes de engadir o produto á cesta de compra.

Decoración da foto non incluída.

20 euros (gastos de envío a parte)

¡Oferta!
0 out of 5

Lámina Mómaros

Dende 12,00

Os mómaros son unha parella de xigantes moi coñecidos na vila de Pontedeume, na provincia de A Coruña. Adoitan saír durante as festas que se fan no mes de setembro, nas coñecidas Festas das Peras, e animan os días facendo bailar a todos e todas os que os acompañan polas rúas da vila.

Lámina personalizada dispoñible en tamaño A4 con marco de madeira en branco ou negro, orientada en vertical. Neste tamaño podes elixir a lámina con paspartú ou sen el.

Tamén dispoñible en tamaño 13x18cm con marco de madeira en cor branco, negro, azul ou rosa.

Podes personalizalo dicíndonos que nome queres que apareza na lámina así como a cor que queres que teñan as letras.

Cores dispoñibles: rosa e verde.

O marco ten enganche para poder colgar a parede ademais de soporte para poder colocar sobre calquera moble.

Se queres facer pack pedíndonos calquera outro produto da colección de Mómaros consúltanos o prezo sen compromiso.

Elixe o tamaño a cor do texto e o nome que desexas antes de engadir o produto á cesta de compra.

Decoración da foto non incluída.

Tamaño A4: 17 euros (gastos de envío a parte)

Tamaño 13x18cm: 12 euros (gastos de envío a parte)

¡Oferta!
0 out of 5

Lámina Shh aquí dorme…

Dende 12,00

Queres darlle un toque ao recuncho da túa pequena ou pequeno? Con esta lámina poderás deixar ben claro quen manda no seu cuarto dende que chegan ás nosas vidas.

lámina personalizada dispoñible en tamaño A4 con marco de madeira en branco ou negro, orientada en vertical. Neste tamaño podes elixir a lámina con paspartú ou sen el.

Tamén dispoñible en tamaño 13x18cm con marco de madeira en cor branco, negro, azul ou rosa.

Podes personalizalo dicíndonos que nome queres que apareza na lámina así como elixir a cor da sombra do nome e así terás un Agasaio personalizado para ti ou para agasallar aos que máis queres.

Cor da sombra dispoñible en verde e rosa.