Mostrando 10 produtos

0 out of 5

Babeiro O Apalpador

Dende 15,00

Hoxe é día do Nadal,
día do Noso Señor
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
·············
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
·············
Hoxe é día do Nadal,
que haberá gran nevarada,
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
·············
Por aquela cemba,
xa ven relumbrando,
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Lopez Gonçales, 1997

Babeiro de tea 100% algodón orgánico

Decoración da foto non incluída.

15 euros (gastos de envío a parte)

0 out of 5

Babeiro Galeguiñ@

Dende 14,00

Porque galeg@s hai en todos os recunchos do mundo…

Babeiro de tea 100% algodón orgánico

Decoración da foto non incluída.

14 euros (gastos de envío a parte)

0 out of 5

Babeiro mariño

Dende 16,00

“Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha lanchiña pra ir navegar,
pra ir navegar, pra ir navegar,
eu son mariñeiro da beira do mar

Babeiro 100% PERSONALIZABLE, 100% algodón orgánico con peche no pescozo con velcro.

Podes personalizalo dicíndonos que nome queres que apareza no babeiro e así terás un Agasaio personalizado para @s máis pequen@s da casa.

Decoración da foto non incluída.

14 euros (gastos de envío a parte)

0 out of 5

Babeiro Mómaros

Dende 16,00

Os mómaros son unha parella de xigantes moi coñecidos na vila de Pontedeume, na provincia de A Coruña. Adoitan saír durante as festas que se fan no mes de setembro, nas coñecidas Festas das Peras, e animan os días facendo bailar a todos e todas os que os acompañan polas rúas da vila.

Babeiro 100% algodón ecolóxico con peche no pescozo con velcro. Podes elixir o nome que queres que leve o babeiro e a cor (rosa ou verde). Se queres facer pack pedíndonos calquera outro produto da colección de Mómaros consúltanos o prezo sen compromiso.

Decoración da foto non incluída.

Gastos de envío a parte

0 out of 5

Babeiro Nunca babou

Dende 14,00

“Un babeiro cheiño de babas é un babeiro cheiño de ledicia”

Babeiro 100% algodón ecolóxico con peche no pescozo con velcro, decorada con pingas de choiva con efecto acuarela en cor azul.

Decoración da foto non incluída.

12 euros (gastos de envío a parte)

0 out of 5

Babeiro Coello

Dende 16,00

Babeiro 100% PERSONALIZABLE, 100% algodón orgánico con peche no pescozo con velcro.

Podes personalizalo dicíndonos que nome queres que apareza no babeiro así como elixir a cor dos detalles e así terás un Agasaio personalizado para os máis pequenos da casa.

Cor dos detalles dispoñible en verde, rosa, azul, laranxa e gris.

0 out of 5

Babeiro Repoliño

Dende 14,00

Porque por moitos repolos que teñamos na nosa horta o máis pequeno é o máis lindo.

Babeiro de tea 100% algodón orgánico con peche no pescozo con velcro.

Decoración da foto non incluída.

12 euros (gastos de envío a parte)

0 out of 5

Babeiro Toxo da Toxeira

Dende 14,00

Alecrín, alecrín dourado

Que naceu no monte

Sen ser sementado.

Ai meu amor

Quen te dixo a tí

Que a flor do monte

Era o alecrín

Babeiro 100% algodón orgánico con peche no pescozo con velcro, cunha frase con moito agarimo e os nosos queridos toxos. Se queres facer pack pedíndonos calquera outro produto da colección de Toxo da toxeira consúltanos o prezo sen compromiso.

Decoración da foto non incluída.

12 euros (gastos de envío a parte)

0 out of 5

Babeiro Nunca choveu…

Dende 14,00

“Se chove deixa chovere

Se orballa deixa orballare

Por mais que chova e vente

De ti non me hei de apartare”

Babeiro 100% algodón ecolóxico con peche no pescozo con velcro, cunha das frases mais galegas que pode haber, decorada con pingas de choiva con efecto acuarela en cor azul. Se queres facer pack pedíndonos calquera outro produto da colección de Nunca choveu consúltanos o prezo sen compromiso.

Decoración da foto non incluída.

12 euros (gastos de envío a parte)

0 out of 5

Babeiro Palleiro

Dende 14,00

Babeiro de tea 100% algodón orgánico cunha frase ben galega para que os nos@s pequen@s a ensinen alá onde vaian. O peche do abeiro vai con velcro.

Decoración da foto non incluída.

12 euros (gastos de envío a parte)