Dende 16,00€
Os mómaros son unha parella de xigantes moi coñecidos na vila de Pontedeume, na provincia de A Coruña. Adoitan saír durante as festas que se fan no mes de setembro, nas coñecidas Festas das Peras, e animan os días facendo bailar a todos e todas os que os acompañan polas rúas da vila.
Body de tea 100% algodón orgánico, podes elixir o nome do nen@ que queres e así ter un Agasaio 100% personalizado
Decoración da foto non incluída.
Dende 16 euros (gastos de envío a parte)
“Se chove deixa chovere
Se orballa deixa orballare
Por mais que chova e vente
De ti non me hei de apartare”
Bolsa de tea 100% algodón cunha das frases mais galegas que pode haber, decorada EN AMBOS LADOS con pingas de choiva con efecto acuarela en cor azul. Se queres facer pack pedíndonos calquera outro produto da colección de Nunca choveu consúltanos o prezo sen compromiso.
Decoración da foto non incluída.
18 euros (gastos de envío a parte)
“Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha lanchiña pra ir navegar,
pra ir navegar, pra ir navegar,
eu son mariñeiro da beira do mar”
Babeiro 100% PERSONALIZABLE, 100% algodón orgánico con peche no pescozo con velcro.
Podes personalizalo dicíndonos que nome queres que apareza no babeiro e así terás un Agasaio personalizado para @s máis pequen@s da casa.
Decoración da foto non incluída.
14 euros (gastos de envío a parte)
“O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo
beleza de flores”
Bolsa de tea 100% algodón co colorido debuxo do arco da vella. Se queres facer pack pedíndonos calquera outro produto da colección de Arco da vella consúltanos o prezo sen compromiso.
Decoración da foto non incluída.
15 euros (gastos de envío a parte)
Botella de aluminio de 400ml para que leven @s máis pequen@s ao cole e a todas as súas aventuras.
Envíanos a ola@agasaios.com (no asunto do email escribe o número de pedido) unha foto do nome escrito pol@ pequen@ e nós plasmarémolo na botella, así teredes un Agasaio 100%personalizado.
Podes elexir dous modelos de cores de estrelas:
- Verán: en cor rosa, verde, camel e azul
- Outono: en cor verde, camel, azul escuro e marrón
- Aleatorio: facemos as estrelas das cores que queiramos ou combinándoo coas cores que use @ peque para facer o seu nome
Ademáis, podedes tamén pedirnos a cor das letras do nome:
- Verde
- Camel
- Marrón
- Rosa
- Azul claro
- Azul escuro
- Como o escriba ou debuxe @ nen@
Ao ser un produto 100% personalizable o plazo de entrega pode variar, se queredes consultar o día de entrega aproximado non dubidedes en escribirnos un correo electrónico a ola@agasaios.com
Decoración da foto non incluída.
15 euros (gastos de envío a parte)