Dende 18,00€
“Alecrín, alecrín dourado
Que naceu no monte
Sen ser sementado.
Ai meu amor
Quen te dixo a tí
Que a flor do monte
Era o alecrín”
Botella de aluminio de 600ml con tapa de madeira e peche de rosca.
Escribe o nome que queres que leve a botella antes de facer o pedido.
Ao ser un produto 100% personalizable o prazo de entrega pode variar, se queredes consultar o día de entrega aproximado non dubidedes en escribirnos un correo electrónico a ola@agasaios.com
Decoración da foto non incluída.
18 euros (gastos de envío a parte)
Marcolgador, colga nel os tapabocas, chaves ou o que queiras para ter todo ben organizadiño antes de sair da casa.
Envíanos a ola@agasaios.com (no asunto do email escribe “Marcolgador”) fotos das persoas que queirades ter en monigotes
Marco de tamaño 15x20cm dispoñible en blanco ou negro, con un colgador debaixo de cada monigote dispoñible en varias cores (ver imaxe)
Decoración da foto non incluída.
19 euros (gastos de envío a parte)
A lingua mal falada é a que nunca se fala.
Lámina dispoñible en tamaño A4 con marco de madeira en cor branco ou negro orientada en vertical. Neste tamaño podes elixir a lámina con paspartú ou sen el.
Tamén dispoñible en tamaño 13x18cm con marco de madeira en cor branco, negro, azul ou rosa.
Ademais de en tamaño 25x25cm con marco de madeira en cor branco ou negro. Neste caso sería con paspartú.
O marco ten enganche para poder colgar á parede ademais de soporte para poder colocar sobre calquera moble (esta última opción non dispoñible no modelo cadrado)
Elixe o tamaño a cor do marco que desexas antes de engadir o produto á cesta de compra.
Decoración da foto non incluída.
Botella de aluminio de 400ml para que leven @s máis pequen@s ao cole e a todas as súas aventuras.
Envíanos a ola@agasaios.com (no asunto do email escribe o número de pedido) unha foto do nome escrito pol@ pequen@ e nós plasmarémolo na botella, así teredes un Agasaio 100%personalizado.
Podes elexir dous modelos de cores de estrelas:
- Verán: en cor rosa, verde, camel e azul
- Outono: en cor verde, camel, azul escuro e marrón
- Aleatorio: facemos as estrelas das cores que queiramos ou combinándoo coas cores que use @ peque para facer o seu nome
Ademáis, podedes tamén pedirnos a cor das letras do nome:
- Verde
- Camel
- Marrón
- Rosa
- Azul claro
- Azul escuro
- Como o escriba ou debuxe @ nen@
Ao ser un produto 100% personalizable o plazo de entrega pode variar, se queredes consultar o día de entrega aproximado non dubidedes en escribirnos un correo electrónico a ola@agasaios.com
Decoración da foto non incluída.
15 euros (gastos de envío a parte)
Todas as nosas invitacións teñen un tamaño de 17,5×12,5cm e van impresas en cartolina vergueteada ou listada de cor branca de 250gr/m2. Cada unha delas van dentro dun sobre de 18,5×13,5cm que pode ser en papel kraft ou cor branca. Este pode levar, como moito, un pequeno texto impreso (por exemplo os vosos nomes e a data da cerimonia).
Ademáis, dámosvos a opción de facer unha faixa, co mesmo papel e temática que as invitacións, facendo así unha invitación todavía máis personalizada. Tería unhas dimensións de 28x6cm, rodeando así por completo o sobre. (As faixas podedes montalas vós, entregándovos cada unha delas guillotinadas. Se as montamos nós podes consultar a tarifa de montaxe no cadro de máis adiante).
Por último, as invitacións poden ir decoradas cunha etiqueta pendurada dunha corda de cor marrón. (Esta opción só esta disponible montando nós cada invitación).
Temos dous tipos de invitación en canto ao deseño, por unha banda as invitacións Básicas e por outro as Personalizadas. No caso das primeiras son modelos de invitacións xa feitos por nós nos que se personalizaría o texto, e as Personalizadas están feitas totalmente ao voso gusto.
A continuación podedes consultar a información detallada do prezo de cada unha das opcións que podedes elixir:
INVITACIÓNS | Básicas | Personalizadas |
Invitación+sobre | 5€/unidade | 7€/unidade |
Invitación+sobre impreso | 6€/unid. | 8€/unid. |
Invitación+sobre+faixa | 6€/unid. | 8€/unid. |
Invitación+sobre impreso+faixa | 7€/unid. | 9€/unid. |
Montando de faixas ou etiquetas | 0,5€/unid. | |
Decoración (corda+etiqueta) | 0,5€/unid. |
*Os prezos non inclúen os gastos de envío.
*Mínimo 50 unidades
*30% de adianto en relación ao pedido inicial