Dende 18,00€
Botella de aluminio de 400ml para que leven @s máis pequen@s ao cole e a todas as súas aventuras.
Índicanos o nome d@ peque e elixe a cor da letra antes de facer o pedido.
Ao ser un produto 100% personalizable o plazo de entrega pode variar, se queredes consultar o día de entrega aproximado non dubidedes en escribirnos un correo electrónico a ola@agasaios.com
Decoración da foto non incluída.
15 euros (gastos de envío a parte)
Babeiro 100% PERSONALIZABLE, 100% algodón orgánico con peche no pescozo con velcro.
Podes personalizalo dicíndonos que nome queres que apareza no babeiro así como elixir a cor dos detalles e así terás un Agasaio personalizado para os máis pequenos da casa.
Cor dos detalles dispoñible en verde, rosa, azul, laranxa e gris.
Marcolgador, colga nel os tapabocas, chaves ou o que queiras para ter todo ben organizadiño antes de sair da casa.
Envíanos a ola@agasaios.com (no asunto do email escribe “Marcolgador”) fotos das persoas que queirades ter en monigotes
Marco de tamaño 15x20cm dispoñible en blanco ou negro, con un colgador debaixo de cada monigote dispoñible en varias cores (ver imaxe)
Decoración da foto non incluída.
19 euros (gastos de envío a parte)
“Se chove deixa chovere
Se orballa deixa orballare
Por mais que chova e vente
De ti non me hei de apartare”
Cunca cunha das frases mais galegas que pode haber, decorada con pingas de choiva con efecto acuarela en cor azul. Se queres facer pack pedíndonos calquera outro produto da colección de Nunca choveu consúltanos o prezo sen compromiso.
Decoración da foto non incluída.
OFERTA!!!! AGORA 10 euros (unidades limitadas) (gastos de envío a parte)
“Un babeiro cheiño de babas é un babeiro cheiño de ledicia”
Babeiro 100% algodón ecolóxico con peche no pescozo con velcro, decorada con pingas de choiva con efecto acuarela en cor azul.
Decoración da foto non incluída.
12 euros (gastos de envío a parte)