Dende 18,00€
Porque seguro que aos pequen@s artistas que temos na casa encantaríalle levar a súa botella cun debuxo feito por el/ela!
Envíanos a ola@agasaios.com (no asunto do email escribe o número de pedido) unha foto do debuxo feito pol@ pequen@ e nós plasmarémolo na botella, así teredes un Agasaio 100%personalizado.
Botella de aluminio de 400ml para que leven @s máis pequen@s ao cole e a todas as súas aventuras.
Ao ser un produto 100% personalizable o plazo de entrega pode variar, se queredes consultar o día de entrega aproximado non dubidedes en escribirnos un correo electrónico a ola@agasaios.com
Decoración da foto non incluída.
18 euros (gastos de envío a parte)
“Se chove deixa chovere
Se orballa deixa orballare
Por mais que chova e vente
De ti non me hei de apartare”
Bolsa de tea 100% algodón cunha das frases mais galegas que pode haber, decorada EN AMBOS LADOS con pingas de choiva con efecto acuarela en cor azul. Se queres facer pack pedíndonos calquera outro produto da colección de Nunca choveu consúltanos o prezo sen compromiso.
Decoración da foto non incluída.
18 euros (gastos de envío a parte)
“Galiza somos nós,
a xente e mais a fala,
se buscas a Galiza
en ti tes que atopala”
Manuel María
Cunca co contorno de Galicia e a frase no seu interior.
Decoración da foto non incluída.
12 euros (gastos de envío a parte)
Os mómaros son unha parella de xigantes moi coñecidos na vila de Pontedeume, na provincia de A Coruña. Adoitan saír durante as festas que se fan no mes de setembro, nas coñecidas Festas das Peras, e animan os días facendo bailar a todos e todas os que os acompañan polas rúas da vila.
Babeiro 100% algodón ecolóxico con peche no pescozo con velcro. Podes elixir o nome que queres que leve o babeiro e a cor (rosa ou verde). Se queres facer pack pedíndonos calquera outro produto da colección de Mómaros consúltanos o prezo sen compromiso.
Decoración da foto non incluída.
Gastos de envío a parte
Babeiro de tea 100% algodón orgánico cunha frase ben galega para que os nos@s pequen@s a ensinen alá onde vaian. O peche do abeiro vai con velcro.
Decoración da foto non incluída.
12 euros (gastos de envío a parte)