Invitacións comunión Fotográficas

Todas as nosas invitacións teñen un tamaño de 17,5×12,5cm e van impresas en cartolina vergueteada ou listada de cor branca de 250gr/m2. Cada unha delas van dentro dun sobre de 18,5×13,5cm que pode ser en papel kraft ou cor branca. Este pode levar, como moito, un pequeno texto impreso (por exemplo os vosos nomes e a data da cerimonia).

Ademáis, dámosvos a opción de facer unha faixa, co mesmo papel e temática que as invitacións, facendo así unha invitación todavía máis personalizada. Tería unhas dimensións de 28x6cm, rodeando así por completo o sobre. (As faixas podedes montalas vós, entregándovos cada unha delas guillotinadas. Se as montamos nós podes consultar a tarifa de montaxe no cadrode máisadiante).

Por último, as invitacións poden ir decoradas cunha etiqueta pendurada dunha corda de cor marrón. (Esta opción só esta disponible montando nós cada invitación).

A fotografía para a montaxe sería feita por @Pixelinphoto e o prezo da sesión sería a parte.

A continuación podedes consultar a información detallada do prezo de cada unha das opcións que podedes elixir:

INVITACIÓNS Fotográficas
Invitación+sobre 4€/unidade
Invitación+sobre impreso 4,5€/unid.
Invitación+sobre+faixa 4,5€/unid.
Invitación+sobre impreso+faixa 5€/unid.
Montando de faixas 0,5€/unid.
Decoración (corda+etiqueta) 0,5€/unid.

*Os prezos non inclúen os gastos de envío.

*Mínimo 35 unidades

*20% de adianto en relación ao pedido inicial

CONTÁCTANOS