Invitacións comunión “monigotes”

O deseño das invitacións “monigotes” son como as que se poden ver nas fotografías dándolles toques personalizados aos monigotes para que así teñan mais similitude co neno ou a nena que vai disfrutar unha celebración tan importante como é a súa comunión.

Todas as nosas invitacións teñen un tamaño de 17,5×12,5cm e van impresas en cartolina vergueteada ou listada de cor branca de 250gr/m2. Cada unha delas van dentro dun sobre de 18,5×13,5cm que pode ser en papel kraft ou cor branca. Este pode levar, como moito, un pequeno texto impreso (por exemplo os vosos nomes e a data da cerimonia).

Ademáis, dámosvos a opción de facer unha faixa, co mesmo papel e temática que as invitacións, facendo así unha invitación todavía máis personalizada. Tería unhas dimensións de 28x6cm, rodeando así por completo o sobre. (As faixas podedes montalas vós, entregándovos cada unha delas guillotinadas. Se as montamos nós podes consultar a tarifa de montaxe no cadro de máis adiante).

Por último, as invitacións poden ir decoradas cunha etiqueta pendurada dunha corda de cor marrón. (Esta opción só esta disponible montando nós cada invitación).

A continuación podedes consultar a información detallada do prezo de cada unha das opcións que podedes elixir:

INVITACIÓNS Personalizadas
Invitación+sobre 5€/unidade
Invitación+sobre impreso 5,5€/unid.
Invitación+sobre+faixa 5,5€/unid.
Invitación+sobre impreso+faixa 6€/unid.
Montando de faixas o,5€/unid.
Decoración (corda+etiqueta) 0,5€/unid.

*Os prezos non inclúen os gastos de envío.

*Mínimo 35 unidades

*20% de adianto en relación ao pedido inicial

CONTÁCTANOS